A Candeloria, día dos namorados en Galicia
-
Hai un refrán que dí *"Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila
galiñola"*.
Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febrei...
30 may 2012
17 may 2012
Plantando herba de San Xoan
A asociación cultural "Andarela" de Sanxenxo visitaronnos esta semana para plantar herba de San Xoán no patio do colexio.
Publicado por
R.
15 may 2012
13 may 2012
11 may 2012
Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade
Xa que o homenaxeado deste ano 2012 no día das Letras Galegas é Valentín Paz Andrade, un home moi vinculado co mundo da pesca pensamos facer estes peixes para ambientar un pouquiño o colexio. Unha vez máis as profes de infantil pedimos a colaboración das familias para decorar un peixiño cos nenos/as do cole . Mirade que bonitos quedaron. Graciñas a tódolos pais.






Publicado por
R.
8 may 2012
Letras Galegas 2012
Este ano o día das letras galegas está adicado a Valentín Paz Andrade, deixovos un telexornal feito polos alumnos/as do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida e obra do homenaxeado.
Publicado por
R.
6 may 2012
Visita da profe Susana
Que sorpresa máis grande, o luns estabamos traballando cando de repente chamaron á porta e o que ninguén sabía é que era a profe Susana que veu visitar os seus alumnos do ano pasado.Quedaron abraiados ,algúns tiñan ata vergonza pero a alegría que tiñan notábase nas súas caras.O final todos marcharon contentísimos co seu ovo de chocolate (un agasallo que lles trouxo a profe Susana ).Graciñas Susana pola visita e esperamos volver a verte pronto.Un bico moi forte de todos/as.

Publicado por
R.
A primavera
A nosa clase vestíuse de primavera, fixemos flores, picámolas, pintámolas con témpera , coloreamos bolboretas, xoaniñas, paxaros, etc... e con todo isto montamos un bonito mural da primavera .



Publicado por
R.
Marcadores:
A primavera
Os nosos amigos, os bosques
Esta semana tivemos unha actividade titulada " Os nosos amigos, os bosques" relizada polo equipo de animación sociocultural do concello .Tendo como obxectivo dar a coñecer a importancia dos bosques e a relación que os seres humanos temos con eles, fomentando a importancia sobre o coidado da natureza.
Publicado por
R.
Marcadores:
Visitas
Casas diferentes
Os alumn@s de 5º de primaria fixeron na clase de plástica coa profe Ana ( in english) un traballo moi orixinal , maquetas de casas feitas con materiais de reciclaxe . A verdade é que os traballos quedáronlles moi logrados.






Publicado por
R.
Marcadores:
Curiosidades
Suscribirse a:
Entradas (Atom)