O espectáculo "Tristán cara de can" da compañía Elefante Elegante conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba, decidiu arrincarse o corazón para nunca máis sufrir. Deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle saíron como el esperaba. Tristán non deixou de sufrir, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historia non remata así... Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai intentalo todo para facer rir o noso personaxe.
A Candeloria, día dos namorados en Galicia
-
Hai un refrán que dí *"Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila
galiñola"*.
Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febrei...