A Candeloria, día dos namorados en Galicia
-
Hai un refrán que dí *"Pola Candeloria, cásanse os paxariños e maila
galiñola"*.
Nas antigas costumes galegas, ese día, era o día do amor.
O día 2 de febrei...
29 abr 2013
Actividade de aprendizaxe cooperativa : " Folio xiratorio".
Aproveitando o tema dos alimentos realizamos unha actividade chamada "folio xiratorio".
Cada nen@ tiña un folio dividido en tres partes ( A,B,C). Na parte "A" tiñan que escribir individualmente nomes de alimentos que coñeceran, na parte "B"tiñan que escribir nomes que escribiron os compañeiros de grupo e que eles no escribiran na parte" A" . Para rematar a actividade na parte "C " fixemos unha posta en común na que escribiron os alimentos que tiña o outro equipo e non escribiron eles, chegando á conclusión de que entre todo o grupo -clase sempre se aporta máis que un individualmente.
Publicado por
R.
Marcadores:
Aprendizaxe cooperativo