23 nov. 2010

Adiviña quen son?

Xa para rematar o proxecto do corpo, chegamos a unha conclusión: "aínda que todos somos iguais, tamén somos diferentes, téndonos que respectar uns aos outros", e que cousa mellor que facer un autoretrato onde
observamos o diferentes que somos.

   

   

18 nov. 2010

Castañas quentiñas

Hoxe festexamos na escola "o magosto" pasámolo moi ben, cantamos, bailamos, xogamos e comimos moitísimas castañas ademais dunha gran variedade de froitos de outono que trouxeron @s nen@s.

   

   

17 nov. 2010

Magosto

Mañá 18 de novembro festexaremos o magosto.
Xa temos todo preparado, as bolsiñas para meter as castañas, os xogos e os froitos secos que trouxeron os nen@s da casa para degustar, graciñas as familias pola vosa colaboración.

   

13 nov. 2010

Cestas de froitos

 Xa temos listo o mural do "outono",que variedade de froitos  todos riquísimos .As abellas están voando
arredor deles desexando probar todos .

12 nov. 2010

Os froitos

Xa estamos traballando "os froitos do outono", tanto os secos coma os carnosos. Aproveitando o tema fixemos un mural para  a nosa clase. Primeiro coloreamos : castañas, landras, améndoas, noces, mazás, peras e uvas, despois botámoslles alkil para que brilen, recortámolas e por último clasificámolas en cestas de froitos preto da nosa maceira.

   

11 nov. 2010

A leira do millo

   Este outono os nenos/as de infantil xa comezamos a decorar o noso corredor do colexio.  Aqui está o mural que titulamos " A leira do millo" co noso espantallo amigo,coidando as espigas de millo dos corvos.

Os ósos

   Xa estamos chegando o final do proxecto" O meu corpo".Aprendimos moitisimas cousas  tanto dos órganos internos,órganos externos ,do esqueleto e   localizamos diferentes ósos na cabeza,no tronco e nas extremidades, e o mellor de todo foi que o aprenderon sen darse conta, xogando, cantando, movéndose e divertíndose.



6 nov. 2010

Poesía do outono

O vindeiro día 11 de novembro ( se non chove) festexamos no colexio  " O magosto".
Aqui vos deixo a poesía que aprenderon os nen@s de infantil .




 

5 nov. 2010

Murais

Un ano máis decoramos o mural da entrada do colexio.
O tema elexido foi " Os meses do outono", os nen@s de educación infantil fixemos setembro coa " volta á escola".
Os alumn@s   do primeiro ciclo de primaria fixeron o mes de outubro co " samaín " e a " vendima".

Buxainas

"Polo San Martiño , trompos ó camiño"
Xa temos expostos na entrada do colexio de Noalla os traballos que fixeron os nenos/as dos colexios do concello de Sanxenxo.
Estarán expostos ata o mércores, podedes pasar a velos .