29 oct. 2012

LIM " O SAMAÍN"

 
 
Se queredes pasar un rato divertivo clicade  no enderezo que aparece enriba deste texto.

27 oct. 2012

Achégase " O Samaín"

  Xa faltan poucas noites para que chegue a noite de Samaín ou Halloween para os norteamericanos.
No cole de Noalla tamén ímolo festexar. O luns xa podedes participar traendo unha cabaza decorada para facer unha exposición e o mércores 31 será a festa na que tódolos nen@s poderán vir disfrazados da maneira máis terrorífica.




Biblioteca escolar

    A semana pasada  o equipo  de  biblioteca decidiu convocar un concurso de mascota para a biblioteca .
A participación foi todo un éxito. O vindeiro mércores 31 coñeceremos quen será o gañad@r do concurso.


Dedos das mans

  Como se chaman os dedos das nosas mans ? A verdade é que non sabían moi ben os seus nomes pero agora coa canción dos dedos imos aprendelos.



21 oct. 2012

As Meninas de Velázquez

   Esta semana estivemos traballando o cadro de Velázquez" As Meninas". Aprendimos moitas cousas grazas a páxina interactiva do Museo del Prado nun apartado de " audioguías infantiles".
Podedes facer a proba do que recordan sobre o cadro, as persoaxes que aparecen nel, quen o pintou,etc....





17 oct. 2012

O recuncho do noso proxecto.

   Este é o recuncho onde temos  a  información que trouxeron os nen@s da casa sobre o noso corpo.


 





Canción: O esqueleto

   Grazas a canción do grupo "Migallas" aprendimos moitos nomes  dos ósos.




Investigamos nos libros

 Xa temos moita información no recuncho do corpo para poder investigar.


15 oct. 2012

Xogamos ao bingo


     O xoves pola tarde xogamos ao bingo había nen@s que non xogaron nunca e encantoulles. Miriam cantaba os números mentres os demais por parellas estaban moi atentos para cantar bingo.


   

7 oct. 2012

Proxecto " o noso corpo"

   ! Que sorpresa! entramos do recreo e a que non sabedes quen estaba na nosa clase?
Pois nada máis e nada menos que un esqueleto. Díxonos que se chamaba " Pepe", que  chegou a clase dos nen@s de cinco anos  xa que se enterou de que estabamos estudando o corpo humano. Así podemos ver e aprender os ósos do noso corpo.Presentámonos e agora xa temos un amiguiño máis.


 
 

Calendario do tempo.

   Este curso faremos cada mes un calendario do tempo, temos que escribir o día que é ademais do tempo que vai. Cando remate o mes faremos pequenas estadísticas sobre o tempo que tivemos durante cada mes.