Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curiosidades. Mostrar todas las entradas

6 may 2012

Casas diferentes

  Os alumn@s de 5º de primaria fixeron na clase de plástica coa profe Ana ( in english) un traballo   moi orixinal ,  maquetas de  casas feitas  con materiais de reciclaxe  . A verdade é que os traballos quedáronlles moi logrados.  
                                    
                                                                                           

20 oct 2011

Que ricas as madalenas !

  O luns desta semana trouxo Candela unas madalenas caseiras para invitar aos seus amiguiños do cole.Por certo estivéronlles boísimas.

12 jun 2011

Peixes raros

  Falando dos peixes chegamos a conclusión de que todos non son iguais Así investigando en internet encontramos peixes raros,raros pero que moi raros,coma: peixe espada , peixe trompeta, peixe morcego, peixe esquio  ,peixe profesor. peixe paiaso....... e moitos máis que  nos fixeron moita gracia .



 

 

O peixe de Marta P e a tartaruga de Alex

  O venres trouxéronnos Marta Piñeiro e Alex outros animais a clase.
Como xa sabíamos moitas cousas das tartarugas , estudamos os peixes, viven na auga , poden ser peixes de auga doce ou salgada , teñen aletas , o seu corpo está cuberto de escamas e nacen do ovo.
 

9 jun 2011

O coello de Iker e o Hamster de Aldara

   Hoxe tivemos outra visita de dous animais o coello de Iker e o Hamster de Aldara .
Investigamos sobre eles e aprendimos que son mamíferos , teñen pelo , e  catro patas.
O coello come pan e cenorias e o hamster come pipas.
 

A tartaruga de Nicolás

 Onte Nicolás trouxo ao cole a súa tartaruga , contounos que come leituga , que súa nai ás veces metena no pilón da casa.Aprendimos que ten unha cuncha moi dura , que nace do ovo e que é un reptil.

 

8 jun 2011

A colección de insectos de José Enrique


 Esta semana estivemos aprendendo moitas cousas sobre os insectos  .O máis importante de todo e que para que sexa un insecto ten que ter seis patas.Aprendimos moitos nomes de insectos e puidemos observalos de cerca gracias a colección que trouxo José Enrique.


   

1 jun 2011

Clasificamos traballos

 Onte as abellas de cores axudaron á profe a clasificar os traballos que fixeron durante todo o curso dos contos que leron na casa coas súas familias.

29 may 2011

Os niños de José Enrique

  A semana pasada José Enrique trouxo á clase dous niños  de paxaro que encontrou o seu pai nun tellado.

27 abr 2011

Planetario

E como no 2º trimestre aprendimos moitas cousas sobre o espazo. Para rematar o proxecto tivemos no colexio un planetario móvil.

  

15 oct 2010

Visita do hamster de Saray

Saray, a curmá de Nicolás, ensinounos hoxe a súa mascota, un hámster chamado "Manchitas".
Come pipas e millo e ten unha casiña con tódalas comodidades, ten ata un tobogán.

   

13 oct 2010

A mascota de Álvaro

O último día de clase, Álvaro un neno de 4º trouxonos  a súa mascota unha coelliña , come cenorias, leituga e palla.Dentro de pouco vémola nas revistas do corazón ,xa que Álvaro bautizouna co nome de Sara Carbonero.

   

7 oct 2010

Visita inesperada

     

Hoxe 7 de outubro tivemos unha visita inesperada.
Carlos un neno de 4º de primaria tróuxonos á clase de infantil a súa mascota, unha tartaruga enorme.
Foi unha gran sorpresa para os nen@s de 5 anos. Non tiña nome, xa que ten catro na casa e non as distingue.
É unha tartaruga moi fina xa que come gambas e vive nun estanque.