25 nov. 2012

Que baile o trompo!

  Neste curso 2012-2013 vaise celebrar o concurso intercentros de trompos e buxas 2012 no colexio de Noalla . Mirade que trompo máis bonito fixeron para o mural da entrada os nen@s de primaria todo feito con froitos do outono. Nós colaboramos un  pouquiño poñendo millo na punta , os ne@s de catro anos puxeron as follas de millo e os  nen@s de tres as noces.

















 

24 nov. 2012

Casiñas das vogais


   Estan son as casiñas das vogais que encheron os nen@s de cousas traidas da súa casa .




 

Poesía "Pitiño Pispín"


  Unha mañá pitiño Pispín saíu pasear.
Díxolle a nube:- Pim pirinpim pitiño Pispín coas miñas pingas heite mollar.
Díxolle o pito: - teño paraugas para as túas pingas pamparampán.
Preciosa poesía de Gloria Sánchez incluida no seu libro " Rimas con letra".







14 nov. 2012

MAGOSTO 2012


SAMAÍN 2012

  Chegou o outono e con él a vendima, as castañas, as chuvias, as noites longas, vaise a calor e vén o frío: son os tempos de Samaín. E, co Samaín, chega o tempo dos difuntos, das caveiras, das cabazas, das bruxas e curuxas....,é o tempo de PASAR MEDOOOOOO.


6 nov. 2012

Aniversarios de Brais e Alex