19 mar. 2013

Visita ao museo Massó .

  
 O museo está conservado nun edificio que formaba parte da conserveira Massó en Bueu .Alí  poidemos ver obxectos da industria conserveira, como cizallas, cuños e prensas,tamén outros vinculados aos oficios tradicionais da salga de peixe ou as artes da pesca.




11 mar. 2013

A diana

  Cada grupo tiña unha diana dividida en tantas partes como nen@s había no equipo. Por turnos tiñan que pensar e  escribir :
              1º A cousa que máis che guste.
              2º A cousa que menos che guste
              3ºComida preferida.
              4ºXoguete ou xogo preferido.
 É increible o ben  que se organizaron gardando turno e axudándose entre eles á hora de escribir.O final  da actividade cada equipo leu os seus gustos e preferencias vendo que tiñan moitas  cousas en común entre eles.