11 mar 2013

A diana

  Cada grupo tiña unha diana dividida en tantas partes como nen@s había no equipo. Por turnos tiñan que pensar e  escribir :
              1º A cousa que máis che guste.
              2º A cousa que menos che guste
              3ºComida preferida.
              4ºXoguete ou xogo preferido.
 É increible o ben  que se organizaron gardando turno e axudándose entre eles á hora de escribir.O final  da actividade cada equipo leu os seus gustos e preferencias vendo que tiñan moitas  cousas en común entre eles.