24 feb. 2011

Visitamos Cambados.

Que ben o pasamos paseando por Cambados.
O primeiro que visitamos foi a casa do pescador (no barrio de San Tomé), despois fomos paseando ata a torre de San Sadurniño. Unha torre feita para defender a ría dos ataques vikingos. O que máis lles gustou foi cruzar a ponte para ir ata a torre.
E despois de tanto camiñar había que repoñer forzas e tomar a merenda .
Aproveitando o tempo vimos unhas mariscadoras que ían á ribeira a traballar.
Estivemos falando con elas sobre o duro que era o seu traballo.
E para rematar a mañá fomos ver un lavadoiro para ver como lavaban antes de ter lavadoras na casa.

  

  

  

23 feb. 2011

Unha fiestra aberta ao mundo.


  Que interesante é todo visto dende unha pantalla xigante
( pizarra dixital) aberta ao mundo a través de internet .E moito máis atractivo é  para @s nen@s  poder interactuar cun lápiz máxico co que se poden facer gran cantidade de cousas diferentes.

22 feb. 2011

Os planetas

  

   

Unha das actividades que fixeron hoxe @s nen@s de 5 anos foi escribir o nome dos oito planetas , pensando e mirando polos carteis que puxo a profe pola clase.Non hai dúbida que  os aprenderon moi ben .

18 feb. 2011

Xogamos ao "Bingo".

  

  

Onte pola tarde despois da merenda xogamos "o bingo", sin cartos por suposto.
Pasámolo moi ben!
Marta G. foi a encargada de cantar os números e Nicolás foi o primeiro en cantar bingo.
Este xogo é unha forma moi divertida e entretida de recoñecer os números.

15 feb. 2011

Que é estar namorado para ti?

Onte, 14 de febreiro, día dos namorados e da amizade, aproveitei para preguntarlles @s nen@s da clase das abellas de cores :
- Que é estar namorado?, as respostas foron do máis diversas e simpáticas.
Para rematar  de reflexionar conteilles o conto "Namorados" e despois de moito pensar e pensar chegaron ás seguintes conclusións.
Aldara: -Namorarse é dar agarimos,achuchóns e amor, é coma un raio que te atravesa.
Tania:- Tes un noivo e daslle bicos.Namorarse e amor.Estás flotando.
Lorena:-Que te quero con todo o meu corazón.Un cando está namorado volvese tolo.
Marta G:- Namorarse é darse bicos.
Carmen:-Bicarse e volveste un pouco pesado.
Marta P: - Namóraste e das apertas.Namóranse homes e mulleres.
Iker:- Que te casas.Quedas mudo.
Alex:- Namóranse nos contos principes e princesas.Namórarse é ter bebés.
Coral:- Darse bicos.
Nicolás:- Bicar e querer moito alguén.
José:- Caerse.Quérote.
Ainhoa:- Namorarse é coma un anxo.Quérote moito.
 O final de todo fixemos unha tarxeta cunha poesía preciosa de "Gloria Sánchez "pedirlle aos vosos fill@s que vola reciten xa que a aprenderon todos de memoria.

  

  

7 feb. 2011

Kandinski.

Hoxe pola  tarde estivemos mirando en internet cadros do pintor ruso" Kandinski".Despois presenteilles un cadro e tódolos nen@s deron a súa opinión .Houbo de todo,desde que eran planetas,pompas,rodas,pelotas,moedas,naves redondas,ollos,narices,etc...Como vedes imaxinación non faltou.



   

3 feb. 2011

A paz reside no corazón de quen a practica.

  O día 31 de xaneiro foi o día da paz.No colexio de Noalla - Telleiro celebrámolo o luns cunha " Marcha pola paz", e que mellor sitio que na praia da Lanzada.Aqui déixovos a nosa pomba da paz e algunhas fotos deste marco incomparable.

  

  

Que ben o pasamos !

Xa comezamos a cumprir seis aniños , onte festexamos o aniversario de Marta Piñeiro e pasámolo moi ben , o final da festa tivemos piñata no patio.