27 nov. 2011

Voamos na vasoira da bruxa Pica-Pica.

   Para rematar o proxecto das proxecto "As bruxas",convertímonos en bruxiñas e voamos un rato coa vasoira máxica da bruxa Pica-Pica.

Mesturamos cores

   Fixemos un pouco de maxia coas cores e xa sabemos que se mesturamos vermello e amarelo temos a cor laranxa e se mesturamos amarelo e azul temos a cor verde.

Que ricas as améndoas!

  Fai uns días estivemos observando como eran as améndoas con cáscara e de paso probámolas.Por certo gustáronnos  moitísimo.

O trasniño do outono

  Pintamos entre todos un trasniño para o mural do outono e quedounos o máis de simpático.

22 nov. 2011

Cogomelos no patio

 Aproveitando que apareceron uns cogomelos no patio, esta semana comezamos un pequeno proxecto sobre eles.
                                                        

17 nov. 2011

Visitamos a biblioteca

  Xa temos preparados os libros para este venres levar a casa e facer un pequeno traballiño sobre o conto que levemos.
   

4 nov. 2011

Os morcegos

 E para rematar a festa de Samaín fixemos unhas coroas de morcegos.

  

Contacontos

 Grazas a  colaboración dunha mamá a semana pasada tivemos unha visita moi especial .  A  bruxa "Pica-Pica"  estivo no cole de Noalla para contarnos un conto titulado " Encontro anual de bruxas".
A caracterización e a actuación da bruxa foi insuperable.

Samaín