Mostrando entradas con la etiqueta Festas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festas. Mostrar todas las entradas

31 mar 2012

Feliz pascua para todos.

 Aproveitando estas datas, pedimos a colaboración dos pais para que decorasen un ovo de pascua .  Como vedes unha vez máis trouxeron uns traballos moi orixinais.  Nestas festa pasádeo ben e que os padriños cumpran cunha boa rosca e un bo ovo de chocolate.


8 may 2011

O Maio

  " Levántate maio,
que tanto dormiches,
pasou o inverno
 e non o sentiches,
O maio maiado,
o maio do sol,
o maio das flores,
 o maio do amor.
E veñen os maios
un ano tras outro
e as árbores todas
cheiñas de froitos.


Este ano os neno/as de Educación Infantil fixemos un maio todo de papel pinocho,pintaron e picaron ovos,laranxas e margaridas,todo foi algo novo para eles pero o que máis lles gustou foi meterse dentro para axudar a montalo.

 

 

30 oct 2010

Uuuuuuh que medo !

   

Chegaron a Noalla pantasmas, bruxas, esqueletos, demos, morcegos e zoombis.
Enteráronse que había unha festa no colexio e non quixeron perdela. Pasámolo de "medo". Bailamos, cantamos a canción dos pantasmas e xogamos no patio.
O máis divertido foi coller rosquillas coa boca pero sen axuda das mans.
Rematámola tarde entregando os premios ás cabazas máis orixinais e ao disfraz máis creativo.