30 oct 2010

Uuuuuuh que medo !

   

Chegaron a Noalla pantasmas, bruxas, esqueletos, demos, morcegos e zoombis.
Enteráronse que había unha festa no colexio e non quixeron perdela. Pasámolo de "medo". Bailamos, cantamos a canción dos pantasmas e xogamos no patio.
O máis divertido foi coller rosquillas coa boca pero sen axuda das mans.
Rematámola tarde entregando os premios ás cabazas máis orixinais e ao disfraz máis creativo.