30 oct. 2010

Uuuuuuh que medo !

   

Chegaron a Noalla pantasmas, bruxas, esqueletos, demos, morcegos e zoombis.
Enteráronse que había unha festa no colexio e non quixeron perdela. Pasámolo de "medo". Bailamos, cantamos a canción dos pantasmas e xogamos no patio.
O máis divertido foi coller rosquillas coa boca pero sen axuda das mans.
Rematámola tarde entregando os premios ás cabazas máis orixinais e ao disfraz máis creativo.   

   

Os ósos do noso corpo

 




Cantas cousas estamos a aprender.
Xa sabemos como se chaman os ósos das extremidades superiores e inferiores coa axuda da canción de Migallas "Coa cabeza eu podo pensar"...
E coa axuda do esqueleto "Pepe" aprendemos todos estos nomes cantando, baillando e xogando sen darnos conta.
Agora estamos aprendendo os ósos que temos no tronco.

29 oct. 2010

Visita ao acquarium

   

A semana pasada os nen@s de infantil fomos ó acuario do Grove, onde vimos moitos peixes coma sargos, corvelos, jureles, pintos, robalizas etc...Pero o que máis admiradores tivo  foi o tiburón.
Contáronnos algunhas cousas curiosas deles coma que non durmen case nada, os seus sonos duran o que tardan en abrir e pechar os ollos, dous segundos.

24 oct. 2010

Outono

Como di o refrán "No Pilar, buxainas a bailar".
Un ano mais os colexios do concello estamos preparando o concurso de trompos, este ano toca no colexio de Nantes.
Non sei si sabedes que tódolos anos realizase unha exposición itinerante polos centros escolares do concello cos traballos que fixeron os alumn@s.
Este ano os nen@s de educación infantil do cole de Noalla fixeron unha buxaina tipo trofeo. Aqui deixovos outro traballo que fixeron os nen@s de 3º de primaria do noso cole.
Xa a veredes cando toque a exposición no colexio de Noalla.

   
   

21 oct. 2010

O noso corpo

    

    

Xa temos a nosa bilioteca de aula chea de información sobre o corpo.Gracias ás familias que aportaron libros,contos,revistas , recortes de imaxenes,etc..Mirade que entusiasmados están descubrindo  tódalas cousas que temos dentro do noso corpo

19 oct. 2010

O noso corpo

 

   Os nen@s de 5 anos xa comezamos a investigar as cousas que temos dentro do noso corpo (os órganos internos).
Temos un corazón que ten forma de puño con moitas veas . Descubrimos que temos dous pulmóns que son coma esponxas  e están protexidos polas costelas.
Pouco a pouco iremos descubrindo cousas novas .

15 oct. 2010

Visita do hamster de Saray

Saray, a curmá de Nicolás, ensinounos hoxe a súa mascota, un hámster chamado "Manchitas".
Come pipas e millo e ten unha casiña con tódalas comodidades, ten ata un tobogán.

   

13 oct. 2010

A mascota de Álvaro

O último día de clase, Álvaro un neno de 4º trouxonos  a súa mascota unha coelliña , come cenorias, leituga e palla.Dentro de pouco vémola nas revistas do corazón ,xa que Álvaro bautizouna co nome de Sara Carbonero.

   

8 oct. 2010

O noso corpo

   

Nesta semana de outubro comezamos o proxecto " O noso corpo" .
A pregunta da que partimos foi :
- Que cousas temos no corpo ? As respostas foron variadas. Aquí tendes algunhas:
- Coral : temos carne.
_Aldara: temos moitas cousas,corazón,pel , ollos. Temos pirola e mocos,embigo e cú.
- Lorena: un esqueleto para poder movernos. Temos pachocha e orellas.
- Tania: sangue,pernas,orellas e pescozo.
- Nicolás: corazón e ósos.
- José Enrique: cerebro e tripas.
- Iker: huesos,labios y muelas.
- Ainhoa: temos cabeza e ollos.
- Marta P: lengua.
-Carmen: temos pés para andar.
- Alex: dedos,manos, uñas y dientes.
Pouco a pouco iremos investigando coa información que aportaron os pais/nais , a que collimos da biblioteca e a que buscaremos en internet.
Estamos a facer un libriño sobre as cousas que temos debaixo da pel.
Ainda nos queda moito por aprender.

   

7 oct. 2010

Visita inesperada

     

Hoxe 7 de outubro tivemos unha visita inesperada.
Carlos un neno de 4º de primaria tróuxonos á clase de infantil a súa mascota, unha tartaruga enorme.
Foi unha gran sorpresa para os nen@s de 5 anos. Non tiña nome, xa que ten catro na casa e non as distingue.
É unha tartaruga moi fina xa que come gambas e vive nun estanque.

5 oct. 2010

Guapisimos

   

Os primeiros días de clase , as abellas de cores fixeron unhas coroas de abellas.Como vedes están todos guapísim@s.

1 oct. 2010

Moitas felicidades

   
   

Hoxe 29 de setembro festexamos no colexio os aniversarios dos nen@s que naceron no mes de setembro.
Parabens para: Ainhoa, Nicolás, Coral, Tania e Lorena.
Pasámolo en grande , e o mellor de todo o final "a piñata" .Por certo a tarta estaba riquísima.