Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas. Mostrar todas las entradas

16 jun 2011

Visita ao xardín botánico de Lourizán.

  Aínda que o tempo non acompañou moito, onte fomos o xardín botánico de Lourizán , a verdade e que o sitio é precioso.Hai unha  gran variedade  de plantas e árbores,  ademais de moitas fontes con fervenzas ,pero o que máis lles gustou de todo foi unha cova moi escura pola que  puideron pasa.
Deixovos unhas fotos dos nen@s no palacio de Lourizán.

   

22 may 2011

Visita á biblioteca de Sanxenxo.

  Que ben o pasamos na biblioteca de Sanxenxo, as bibliotecarias contáronos  moitos contos .
Foi moi divertido subir e baixar todos xuntos no ascensor do auditorio.
Tomamola  merenda  no parque  e tamén xogamos un pouquiño ata que chegou o autobús.

 

8 may 2011

Teatro "Cando chove e raia o sol"

 A semana pasada estivemos vendo unha obra de teatro en Pontevedra , antes fomos  tomar a merenda á Alameda e  xogamos un pouquiño no parque,pasámolo moi ben aínda que o teatro non  foi o que máis lles
gustou.


24 feb 2011

Visitamos Cambados.

Que ben o pasamos paseando por Cambados.
O primeiro que visitamos foi a casa do pescador (no barrio de San Tomé), despois fomos paseando ata a torre de San Sadurniño. Unha torre feita para defender a ría dos ataques vikingos. O que máis lles gustou foi cruzar a ponte para ir ata a torre.
E despois de tanto camiñar había que repoñer forzas e tomar a merenda .
Aproveitando o tempo vimos unhas mariscadoras que ían á ribeira a traballar.
Estivemos falando con elas sobre o duro que era o seu traballo.
E para rematar a mañá fomos ver un lavadoiro para ver como lavaban antes de ter lavadoras na casa.

  

  

  

3 feb 2011

A paz reside no corazón de quen a practica.

  O día 31 de xaneiro foi o día da paz.No colexio de Noalla - Telleiro celebrámolo o luns cunha " Marcha pola paz", e que mellor sitio que na praia da Lanzada.Aqui déixovos a nosa pomba da paz e algunhas fotos deste marco incomparable.

  

  

29 oct 2010

Visita ao acquarium

   

A semana pasada os nen@s de infantil fomos ó acuario do Grove, onde vimos moitos peixes coma sargos, corvelos, jureles, pintos, robalizas etc...Pero o que máis admiradores tivo  foi o tiburón.
Contáronnos algunhas cousas curiosas deles coma que non durmen case nada, os seus sonos duran o que tardan en abrir e pechar os ollos, dous segundos.

21 sept 2010

A nosa primeira saída

    

O pasado mércores día, 15 de setembro as abellas de cores estivemos facendo unha visita ás escavacións da Lanzada.
Alí poidemos ver restos de civilizacións castrexas e romanas.