29 may. 2011

Os niños de José Enrique

  A semana pasada José Enrique trouxo á clase dous niños  de paxaro que encontrou o seu pai nun tellado.

22 may. 2011

Os piratas

   E para rematar o proxecto dos piratas fixemos un mural no corredor do colexio , non  podía faltar o barco pirata , a illa , a bandeira , o tesouro, ata Bob Esponja, e como non os doce piratas da clase das abellas de cores. 


  

 

Visita á biblioteca de Sanxenxo.

  Que ben o pasamos na biblioteca de Sanxenxo, as bibliotecarias contáronos  moitos contos .
Foi moi divertido subir e baixar todos xuntos no ascensor do auditorio.
Tomamola  merenda  no parque  e tamén xogamos un pouquiño ata que chegou o autobús.

 

8 may. 2011

Teatro "Cando chove e raia o sol"

 A semana pasada estivemos vendo unha obra de teatro en Pontevedra , antes fomos  tomar a merenda á Alameda e  xogamos un pouquiño no parque,pasámolo moi ben aínda que o teatro non  foi o que máis lles
gustou.


O Maio

  " Levántate maio,
que tanto dormiches,
pasou o inverno
 e non o sentiches,
O maio maiado,
o maio do sol,
o maio das flores,
 o maio do amor.
E veñen os maios
un ano tras outro
e as árbores todas
cheiñas de froitos.


Este ano os neno/as de Educación Infantil fixemos un maio todo de papel pinocho,pintaron e picaron ovos,laranxas e margaridas,todo foi algo novo para eles pero o que máis lles gustou foi meterse dentro para axudar a montalo.

 

 

Esculpindo Galiza

  A asociación cultural Andarela convocou o concurso "Esculpindo Galiza" co motivo das Letras Galegas.Os traballos tiñan que estar relacionados con Galicia.
O equipo de educación infantil fixemos unha maqueta da praia da Lanzada. Aos nenos/as da clase de 5anos tocounos facer os bañistas ,as toallas ,parasoles,os barcos ,os coches , o sol e as ondas do mar.