27 abr. 2011

Os piratas

  Cantas cousas sabían xa os nenos/as de 5 anos sobre os piratas ! Aqui vos deixo o que me contaron sobre eles.
José Enrique: teñen un gancho na man.Comen o que pescan no mar.O que inventou o club de Bob Esponja é un pirata que se chama "Pachi".
Iker: van en barco.
Aldara: levan un loro no ombro e teñen unha pata de pau.Teñen poucos dentes.
Nicolás:teñen espadas.
Lorena: hai piratas malos e piratas bos.
Marta P : viven nun barco.
Coral: buscan tesouros.
Alex: levan sombreiro e teñen parche.
Tania: teñen o pelo e a barba branca.
MartaG: loitan polos tesouros.
Ainhoa: beben viño e cervexa.
Carmen: comen moito peixe.


Planetario

E como no 2º trimestre aprendimos moitas cousas sobre o espazo. Para rematar o proxecto tivemos no colexio un planetario móvil.

  

2 abr. 2011

Proxecto "As abellas".

Excursión a Apípolis

1 abr. 2011

Educación vial.

   Un ano máis estivemos aprendendo e lembrando as normas de tráfico.O que mellor facíamos  era respetar o semáforo e o que peor as rotondas.Pero nin tivemos multas nin nos sacaron puntos.

 

Felicidades "Monique".

 " Parabéns para Moneque" . A nosa axudante de conversa estivo de aniversario e tivo o detalle de agasallar os neno/as de 5 anos cuns ovos  sorpresa que trouxo de California.Graciñas Monique.