27 abr 2011

Os piratas

  Cantas cousas sabían xa os nenos/as de 5 anos sobre os piratas ! Aqui vos deixo o que me contaron sobre eles.
José Enrique: teñen un gancho na man.Comen o que pescan no mar.O que inventou o club de Bob Esponja é un pirata que se chama "Pachi".
Iker: van en barco.
Aldara: levan un loro no ombro e teñen unha pata de pau.Teñen poucos dentes.
Nicolás:teñen espadas.
Lorena: hai piratas malos e piratas bos.
Marta P : viven nun barco.
Coral: buscan tesouros.
Alex: levan sombreiro e teñen parche.
Tania: teñen o pelo e a barba branca.
MartaG: loitan polos tesouros.
Ainhoa: beben viño e cervexa.
Carmen: comen moito peixe.