24 feb. 2013

Compoñemos palabras

 Comezamos a compoñer palabras en minúsculas.


Teatro: "Tristán cara de can"

   O espectáculo "Tristán cara de can" da compañía Elefante Elegante conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba, decidiu arrincarse o corazón para nunca máis sufrir. Deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle saíron como el esperaba. Tristán non deixou de sufrir, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historia non remata así... Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai intentalo todo para facer rir o noso personaxe.











15 feb. 2013

Entroido 2013 : "Os deportes"

  Tenistas, mergulladores, surfistas, esquiadores,xogadores de rugby, atletas e non podían faltar os forzudos practicando "halterofilia".


A maleta

   Xoguetes, mascotas, cartas, bonecos, espaguetis, contos.....En fin, unha chea de cousas que trouxeron os nenos/as a clase na maleta viaxeira, compartindo todo cos seus compañeiros/as.
Coñecerse  un pouco mellor entre eles en canto a gustos e preferencias foi outro dos obxectivos que conseguimos.




7 feb. 2013

Xa chega o entroido.

 Xa chega o entroido
é festa rachada os nenos
da escola temos foliada.

 


 

Xoves : " Trae unha media e calcetín".


    Se ao Telleiro queres vir
trae unha media e un calcetín.

6 feb. 2013

Mércores: " Pantalón de deporte"

   Se queres pasa-lo de morte
trae un pantalón de deporte.

5 feb. 2013

Martes :" gafas de mergullador".

  Para disfrutar a reo
trae unhas gafas de buceo.


 

Luns :" cinta na cabeza".

  Como non temos tristeza poremos
unha cinta na cabeza.

4 feb. 2013

Entroido 2013

 
 


3 feb. 2013

Día da Paz " 31 de xaneiro".

  Un ano máis festexamos o día da Paz. Este ano fixemos unha carreira solidaria para colaborar coa ONG "Save the children" "kilómetros de solidaridade" correndo polos nenos e nenas de Nixer.

Pombiña da Paz

Tamén fixemos unha pombiña como simbolo da Paz.

 

Mural da Paz.

Este é o mural que fixemos para o día da Paz.