26 oct. 2011

CORRE CORRE CABACIÑA

25 oct. 2011

Aniversario de Alex

22 oct. 2011

Mural do outono


20 oct. 2011

O noso recuncho das bruxas

  Xa temos exposto no recuncho das bruxas toda a información que conseguimos para o desenvolvemento do noso proxecto. Recoméndovos un libro moi simpático que trouxo David " O manual das bruxas ".
 

 

 

Froitos do outono.

 Esta semana pintamos unhas árbores para o mural do outono .Coa axuda e colaboración dos pais que decoraron  froitos secos e carnosos na casa  iremos montándoo .



Que ricas as madalenas !

  O luns desta semana trouxo Candela unas madalenas caseiras para invitar aos seus amiguiños do cole.Por certo estivéronlles boísimas.

16 oct. 2011

Bombeiros,médicos,policias e piratas .

 Os nen@s de 4 anos descubriron o recuncho  dos  disfraces  . Rapidamente tiñamos na clase bombeiros, médicos,  policias e  piratas.
 

Cousas do outono

Aínda que o tempo non acompaña moito, xa comezamos a pintar cousas relacionadas co outono para facer o mural desta estación na nosa clase.

10 oct. 2011

Carta ás familias



Unha bruxa na vasoira

   Este xoves  na aula de  4 anos pasou algo sorprendente , cando entramos  pola tarde había unha  vasoira e unha carta na nosa clase.A carta era para os nen@s de 4 anos , era dunha bruxiña  que   fai moitas trasnadas,chamase "Pica-Pica" .Limos  a carta e a imaxinación dos nen@s comezou a traballar , eso si a nosa amiga bruxa é unha bruxiña boa , as malas só aparecen nos contos.


 

6 oct. 2011

Parabéns para Brais

2 oct. 2011

Regamos as plantas

 Este venres tocoulle regar as plantas a David.Mirade que concentrado está . Non é unha tarefa nada sinxela, xa que ás veces botan máis  auga por fóra que por dendro da maceta .


 

1 oct. 2011

Clasificamos palabras

   Esta semana comparamos diferentes nomes, tanto nosos como da escola. Se o nome ten  moitas letras  ,este  é  longo,se ten  poucas letras,entón é curto.Despois de pensar e comparar o número de letras dos nomes chegamos á  seguinte conclusión :- se un nome ten cinco ou máis letras, este nome é longo e se ten cinco ou menos letras o nome é curto.