24 oct 2010

Outono

Como di o refrán "No Pilar, buxainas a bailar".
Un ano mais os colexios do concello estamos preparando o concurso de trompos, este ano toca no colexio de Nantes.
Non sei si sabedes que tódolos anos realizase unha exposición itinerante polos centros escolares do concello cos traballos que fixeron os alumn@s.
Este ano os nen@s de educación infantil do cole de Noalla fixeron unha buxaina tipo trofeo. Aqui deixovos outro traballo que fixeron os nen@s de 3º de primaria do noso cole.
Xa a veredes cando toque a exposición no colexio de Noalla.