8 oct 2010

O noso corpo

   

Nesta semana de outubro comezamos o proxecto " O noso corpo" .
A pregunta da que partimos foi :
- Que cousas temos no corpo ? As respostas foron variadas. Aquí tendes algunhas:
- Coral : temos carne.
_Aldara: temos moitas cousas,corazón,pel , ollos. Temos pirola e mocos,embigo e cú.
- Lorena: un esqueleto para poder movernos. Temos pachocha e orellas.
- Tania: sangue,pernas,orellas e pescozo.
- Nicolás: corazón e ósos.
- José Enrique: cerebro e tripas.
- Iker: huesos,labios y muelas.
- Ainhoa: temos cabeza e ollos.
- Marta P: lengua.
-Carmen: temos pés para andar.
- Alex: dedos,manos, uñas y dientes.
Pouco a pouco iremos investigando coa información que aportaron os pais/nais , a que collimos da biblioteca e a que buscaremos en internet.
Estamos a facer un libriño sobre as cousas que temos debaixo da pel.
Ainda nos queda moito por aprender.