27 oct. 2012

Achégase " O Samaín"

  Xa faltan poucas noites para que chegue a noite de Samaín ou Halloween para os norteamericanos.
No cole de Noalla tamén ímolo festexar. O luns xa podedes participar traendo unha cabaza decorada para facer unha exposición e o mércores 31 será a festa na que tódolos nen@s poderán vir disfrazados da maneira máis terrorífica.