10 oct 2011

Carta ás familias



Unha bruxa na vasoira

   Este xoves  na aula de  4 anos pasou algo sorprendente , cando entramos  pola tarde había unha  vasoira e unha carta na nosa clase.A carta era para os nen@s de 4 anos , era dunha bruxiña  que   fai moitas trasnadas,chamase "Pica-Pica" .Limos  a carta e a imaxinación dos nen@s comezou a traballar , eso si a nosa amiga bruxa é unha bruxiña boa , as malas só aparecen nos contos.


 

6 oct 2011

Parabéns para Brais

2 oct 2011

Regamos as plantas

 Este venres tocoulle regar as plantas a David.Mirade que concentrado está . Non é unha tarefa nada sinxela, xa que ás veces botan máis  auga por fóra que por dendro da maceta .


 

1 oct 2011

Clasificamos palabras

   Esta semana comparamos diferentes nomes, tanto nosos como da escola. Se o nome ten  moitas letras  ,este  é  longo,se ten  poucas letras,entón é curto.Despois de pensar e comparar o número de letras dos nomes chegamos á  seguinte conclusión :- se un nome ten cinco ou máis letras, este nome é longo e se ten cinco ou menos letras o nome é curto.




20 sept 2011

O venres regamos as plantas

  Este ano grazas á colaboración dos pais temos plantas na nosa clase .E como necesitan auga para vivir todo os venres o encargado da clase tamén será o encargado de regalas .O primeiro venres tocoulle a Candela.



18 sept 2011

Volta ao cole

  Un ano máis comezamos un novo curso cheo de  novas ilusións ,  nova clase , novos libros , nova profe  e novas cousas que descubrir , experimentar e aprender.Dámoslle a benvida a un compañeiro novo que temos na clase " David ".E desexámoslle todo o mellor a nosa profe "Susana " da que nos lembramos tódolos días .Un bico moi forte Susana  .