20 ene 2011

O espazo

  Xa despegamos rumbo o espazo . O primeiro que fixemos foi contar o que cada neno/a sabía . Aquí deixovos a conversa que tivemos , que non ten desperdizo.
      Profe: Que   cousas hai no espazo?
- Iker : hai meteoritos.
- Lorena: hai extraterrestres.
- Aldara: está a lúa.
- Ainhoa : No ceo hai estrelas.
- José Enrique: hai moitos planetas , son azuis,verdes, marróns....
-Lorena: os planetas son mundos.
- Iker: hai dúas luas.
- José Enrique: unha cortada pola metade e outra redonda.
-Tania: e quen a corta?
- Aldara:  cortana os raios do sol.Tamén hai naves negras.
- Marta G : para ir á lúa temos que ir en naves.
- Ainhoa: no ceo hai sol e vento.
- Lorena: tamén hai unha nube.
- Aldara: unha non , máis ca unha.
- Carmen : as nubes fan chuvia.
- Tania: os fogos artificiais chegan ó ceo.
- Marta P: o sol dá calor .
- Aldara: para subir ó ceo temos que levar salvavidas e cascos de aire para respirar.
- Iker : os papaventos suben ó ceo.
-Aldara: os globos tamén.
-José Enrique: nos planetas viven extraterrestres e son bólas redondas.
- Nicolás : tamén hai astronautas.
        Xa vedes  todo o que sabian do espazo .