6 may 2012

Visita da profe Susana

  Que sorpresa máis grande, o luns estabamos traballando cando de repente chamaron á porta e o que ninguén sabía é  que era a profe Susana que veu  visitar os seus alumnos do ano pasado.Quedaron abraiados ,algúns tiñan ata vergonza pero a alegría que tiñan notábase nas súas caras.O final todos marcharon contentísimos  co seu ovo de chocolate (un agasallo que lles trouxo a profe Susana ).Graciñas Susana pola visita e esperamos  volver a verte pronto.Un bico moi forte de todos/as.