29 abr 2013

Actividade de aprendizaxe cooperativa : " Folio xiratorio".


 Aproveitando o tema dos alimentos realizamos unha actividade chamada "folio xiratorio".
Cada nen@ tiña un folio dividido en tres partes ( A,B,C). Na parte "A" tiñan que escribir individualmente nomes de alimentos que coñeceran, na parte "B"tiñan que escribir nomes que escribiron os compañeiros de grupo e que eles no escribiran na parte" A" . Para rematar a actividade na parte "C " fixemos unha posta en común na que escribiron os alimentos que tiña o outro equipo e non escribiron eles, chegando á conclusión de que entre todo o grupo -clase sempre se aporta máis que un  individualmente.